Tethercell, a pila controlable dende o smartphone
martes, 15 de xaneiro do 2013
Os proxectos de crowdfunding
non cesan de achegarnos ideas orixinais que tardan pouco en achegar
financiamento para converterse en realidade nuns meses, como poderÃa ser o caso
de Tethercell, unha pila AA
que incluirÃa no seu interior unha pila AAA, un microcontrolador, un sensor de
temperatura, un comparador de voltaxe e Bluetooth, o que permitirÃa que dende un
smartphone con Bluetooth 4.0 (como o iPhone 4S/5, o Samsung GALAXY S III ou o
Samsung GALAXY Note II) puidésemos controlar a unha distancia de ata 30 metros se
queremos que a pila estea ou non operativa, o que pode ser de utilidade para
apagar e acender certos dispositivos a distancia ou, simplemente, para
controlar o tempo no que queremos que os cativos poidan empregar certos
trebellos electrónicos.
Aparte de acender e apagar a pila de xeito remoto, a Tethercell pode remitir
alertas cando a carga estea baixa, programar o dispositivo para aforrar enerxÃa
e programar o seu horario de funcionamento, funcións que tanto poden ir na liña
de servizos relativos á domótica como para simplemente gastar algunha broma a
un amigo.