Termómetro (interior e exterior) por USB

luns, 18 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O dispositivo inclúe un sensor para colocar no exterior

Os afeccionados á meteoroloxía poden optar agora a facer un seguimento da temperatura interior e exterior dende o seu ordenador grazas a un novo termómetro que venden na sempre de actualidade tenda virtual de Brando. O dispositivo se alimenta por USB, mide 49 x 17 x 7 milímetros, pesa 13 gramos e capta a temperatura que fai dentro e fóra do noso domicilio cada segundo durante 12 horas, para despois poder recoller esta información para a súa análise ou coma mera curiosidade.
O software incluído co termómetro USB funciona baixo Windows XP e Vista e o seu prezo de venda é de 22 dólares (14,96 euros).

PUBLICIDADE