Temple Run estrea secuela para iOS
mércores, 16 de xaneiro do 2013
Un dos fenómenos móbiles de máis éxito nos últimos tempos
foi o xogo Temple Run, que apostaba
por unha mecánica moi simple (un explorador correndo, tendo que tomar desvÃos e
esquivar obstáculos con xestos táctiles sobre a pantalla do dispositivo móbil)
e o modelo de negocio de moda (o xogo é de balde, pero permite a compra de
moedas virtuais para conseguir melloras dun xeito máis rápido) levouno a
superar os 170 millóns de descargas e a inspirar a outros xogos semellantes,
polo que non deberÃa sorprendernos que hoxe chegue á App Store a súa secuela, Temple Run
2, que mantén a súa fórmula achegando gráficos renovados, contornos
orgánicos, novos potenciadores, novos logros e poderes especiais para cada
personaxe, estando dispoñible como aplicación universal (para iPhone e iPad)
que mantén uns movementos fluÃdos e un acabado de luxo que dá a entender que
Imangi Studios vai repetir éxito.