Televisores de LG con Bluetooth e reprodución de vídeo en alta definición
luns, 9 de novembro do 2009
Os televisores de
LG da serie SL 9000 chegan finalmente a España, de xeito que estas pantallas
con retroiluminación LED e alta definición, que destacan pola súa capacidade de
reprodución multimedia, poderán
mercarse por 1.499 e 1.799 euros nos seus tamaños de 42 e 47 polgadas
respectivamente.
Esta liña de pantalla só ten 2,9 centímetros de grosor, conta cun sistema
TruMotion a 100 Hz, tamén permite a reprodución de música e a visualización de
fotografías a través de Bluetooth, pero onde está o seu principal factor
diferenciador é no seu porto USB 2.0, no que podemos conectar unha memoria USB
para cargarlle contidos que van dende fotografías en JPEG e música en MP3 ata
vídeo en DivX, DivX HD e MKV de ata 1.080p.