Televés crea un dispositivo para a detección de antíxenos COVID-19 e evitar falsos negativos
mércores, 30 de decembro do 2020
Televés
está levando a cabo un proxecto de dispositivo electrónico-lector,
co fin de poder ampliar a realización de probas de antíxenos
COVID-19 máis fiábeis
e seguras en puntos de acceso de grupos cidadáns. O dispositivo, de
baixo custe
e de tamaño de peto, integra un sensor multiespectral de contrastada
fiabilidade en lectura de fluxo lateral.
Deste xeito, o aparello
combinará un lector óptico da mostra e un módulo de conectividade
a través dunha app
de usuario, para enviar desde o móbil os resultados de forma
automática, inmediata e segura ás autoridades sanitarias. O
desenvolvemento,
que estará listo a principios de ano, incluirá un lector óptico
que codifica o resultado dixitalmente e elimina o actual proceso de
análise visual da banda inmunocromática polo persoa sanitario que
realiza a proba, reducindo así os falsos negativos, ao quitar da
ecuación a posíbel
falta de definición cromática do ollo humano.
Por un lado, un dos aspectos
positivos que trae este proxecto é o tempo estimado para obter un
resultado. Así, en tan só 10-15 minutos reaccionará
bioquimicamente mostrando cunha codificación de barras e cores o
resultado e a carga viral do usuario. Acto seguido da recollida de
mostra, o dispositivo conéctase vía Bluetooth
á aplicación
no dispositivo móbil, e automaticamente informa e envía os datos
pertinente directamente á base de datos da autoridade sanitaria
competente.
Doutra banda, este dispositivo
poría fin á reclamación por parte de certos sectores como o
farmacéutico a realización e manipulación destes tests, xa que
está ideado para a utilización en colectivos especializados como o
farmacéutico, baixo a supervisión dunha persoa certificada.
O proxecto de dispositivo
chega logo de que Televés alcanzara un acordo coa empresa Austrian
Micro Systems, para integrar a tecnoloxía de lectura dixital no seu
dispositivo. “Televés pretende estender esta solución a empresas
biotecnolóxicas que fagan da tecnoloxía de fluxo natural, tanto
para antíxenos como anticorpos, onde o dispositivo de Televés
aportaría facilidade na administración da proba e fiabilidade mo
resultado e xestión de datos”, declarou Iván Rodríguez, director
das novas liñas de negocio de Televés.