Telegram estrea historias para todos os usuarios
luns, 14 de agosto do 2023
Aproveitando
a celebración do seu 10º aniversario Telegram anuncia varias novidades para a
súa aplicación móbil, entre as que destaca especialmente a incorporación de historias,
prestación que xa leva unhas semanas presente, pero en exclusiva para os usuarios
de pagamento do servizo.
As historias en Telegram aparecen nunha sección expansible na parte superior da
pantalla, polo que non é un formato que se impoña con tanta forza como noutras
aplicacións (lembremos que plataformas como Twitter, que clonaron as historias,
chegaron a retiralas ante a súa mala aceptación).
Dende Telegram queren aproveitar que este formato de publicación de contido é recente
na súa aplicación para integrarlle funcionalidades presentes noutras
aplicacións de moda (como BeReal), e asà as historias chegan coa posibilidade
de empregar o modo de cámara dual, de xeito que podemos mesturar as cámaras
traseira e frontal do móbil nunha mesma fotografÃa ou vÃdeo.
As historias tamén permiten integrar adhesivos, etiquetar a localización,
engadir descricións de texto extensas e mesmo axustar a súa privacidade con 4
axustes. Tamén é posible seleccionar a caducidade das historias, que poderá ser
de 6, 12, 24 ou 48 horas, e incluso poden publicarse no perfil de usuario.
O que probablemente sexa o cambio máis notable por parte de Telegram neste
formato audiovisual é que as súas historias son editables, polo que o creador
pode mudar a súa imaxe e os seus axustes en calquera momento en vez de ter que
borrar a volver publicar como acontece noutras plataformas sociais.