Teléfono de Bob Esponxa
luns, 26 de novembro do 2007
Os cativos que seguen as aventuras de Bob Esponxa en televisión, DVD e mesmo
videoxogos, poderán levar ó seu personaxe favorito ó mundo real grazas a un
teléfono fixo de Polyconcept, que imita a forma do ser animado de Nicelodeon.
O boneco-teléfono ten un teclado numérico nas súas costas, e para falar é
preciso retirar unha tapa pregable da súa cara (o que amosa un cambio de
rostro, presentando ó personaxe empregando os seus poderes telepáticos).
O orixinal terminal telefónico ten control de volume de recepción, control de
volume do seu timbre, conmutador para funcionar por tons ou pulsos, luz e botón
de rechamada, e se vende por 19,97 dólares (13,44 euros) nos EE.UU.