Telefónica será a primeira en lanzar o punto intelixente de conexión sen fíos MiFi 2352

luns, 16 de febreiro do 2009 Raquel Noya

Telefónica España vén de anunciar que será a “primeira operadora de telefonía móbil do mundo en lanzar o punto intelixente de conexión sen fíos MiFi 2352” na súa rede de datos HSPA de alta velocidade.
O punto intelixente de conexión sen fíos MiFi 2352 representa unha nova dimensión de dispositivos móbiles de banda larga e permite un entorno de uso intensivo de aplicacións para empresas e consumidores. A diferenza das solucións de router sen fíos anteriores (que requiren un módem externo de banda larga e só proporcionan conectividade), a familia de produtos MiFi admite GPS e crea unha nube persoal “moi portátil” para a conexión a Internet de alta velocidade, que ademais se pode compartir entre varios usuarios e ata cinco dispositivos equipados con Wi-Fi.
MiFi libera aos usuarios dos puntos de conexión MiFi, de xeito que poden levar, onde queira que se despracen, o acceso a Internet e compartilo cos seus dispositivos Wi-Fi persoais.

JPEG - 34.4 KB
O Novatel MiFi 2352 sorprende polo seu reducido tamaño

Entre as características crave deste punto intelixente de conexión, destaca o sistema operativo integrado baseado en Linux, que pode proporcionar aplicacións de software e medios portátiles.
O director de Terminais e Multimedia para Telefónica España, Luis Ezcurra, vén de anunciar que este dispositivo “tan innovador” ofrece numerosas prestacións como resposta á crecente demanda de produtos de datos móbiles HSPA que hai en Europa.
O dispositivo non require ningún tipo de instalación nin software instalado previamente e é independente do sistema operativo, de xeito que se pode conectar a calquera dispositivo compatible co estándar Wi-Fi.
A instalación so precisa insertar unha tarxeta SIM de Telefónica activa e acender o dispositivo. Con só premer o botón de acendido do MiFi, os usuarios poden detectar a “nube Wi-Fi móbil” empregando calquera dispositivo que fora configurado para Wi-Fi e conectar rapidamente ata cinco apartatos nun radio de 10 metros.
O dispositivo, deseñado e desenvolvido por Novatel Wireless, estará dispoñible para os clientes de Telefónica durante o primeiro semestre de 2009, dende distintas canles de venda directa e para empresas da compañía.

PUBLICIDADE