Tekken 6 chegará a Europa no outono de 2009
mércores, 3 de decembro do 2008Durante o Tokyo
Game Show se confirmou que Tekken 6 non serÃa un xogo exclusivo para PlayStation 3,
senón que tamén terÃa versión para Xbox 360, e agora a Namco Bandai anuncia que
o xogo chegará
a Europa no outono de 2009, continuando asà unha franquicia de xogos
de loita tridimensionais que xa leva 14 anos dando guerra.
Tekken 6 está a ser un xogo moi
agardado, pois serÃa o primeiro Tekken
na nova xeración de consolas, xa que a súa última entrega saÃu para PlayStation
2 en 2005, aÃnda que en 2006 tamén saÃu o Tekken
5: Dark Resurrection que deberiamos considerar aparte, por venderse para
PSP e como contido descargable para a PS3 (ou sexa, xogando noutra división).
Polo pouco que se pode ver do futuro xogo sabemos que os gráficos van ser realmente espectaculares, superando sobradamente a outros xogos de loita para PS3 e Xbox 360, aÃnda que haberá que ver se será capaz de superar ao tamén moi agardado Street Fighter IV, que chegará a primeiros de 2009, pero que terá un sistema de xogo moi diferente (respectando o sistema de manexo dos xogos 2D, mentres que os Tekken sempre foron 3D).