Teclast comercializa un ordenador todo-en-un bastante económico
luns, 22 de agosto do 2016
AÃnda que a marca Teclast estea asociada habitualmente a
tabletas con Android e/ou Windows, o fabricante chinés atreveuse a entrar no
sector da informática de consumo dun ordenador todo-en-un moi interesante, o
Teclast X22 Air, que vén a ser un equipo informático completo integrado nun
monitor Full HD de 21,5 polgadas, que resulta moi cómodo se queremos un equipo
compacto e silencioso no escritorio, sen pedirlle unha elevada potencia, ou
sexa, para empregalo principalmente para navegar pola web e labores de
ofimática básica.
Este interesante ordenador funciona cun procesador Intel Celeron N3150 de catro
núcleos a 1,6 GHz (de aà que estea bastante limitado en prestacións), con 4 GB
de RAM (ampliable até 16 GB), 128 GB de SSD, gráfica Intel HD, Wi-Fi N, Gigabit
Ethernet, 2 portos USB 2.0, 2 portos USB 3.0, saÃda HDMI, toma para auriculares
e micrófono e altofalantes estéreo e, para poder manter o seu prezo axustado ao
máximo (en
tendas como Gearbest pode mercarse por uns 270 euros) non inclúe sistema
operativo (sendo totalmente compatible con Windows 10).
- O equipo véndese sen sistema operativo, pero é completamente compatible con Windows 10