Teclado para uso hospitalario

mércores, 15 de abril do 2009 Marcus Fernández

A empresa de Idaho (EE.UU.) Esterline Advanced Input Systems está a comercializar un teclado informático destinado ao uso hospitalario que destaca por presentar unha aparencia tridimensional pese a ser plano, o que facilita a súa rápida limpeza (é resistente a desinfectantes) e mesmo inclúe unha alerta que avisa ao usuario para que limpe o teclado con certa frecuencia.
O teclado permite unha introdución de datos tan veloz coma nun teclado convencional, conta con teclas retroiluminadas para poder funcionar en contornos pouco iluminados. Sen dúbida, un interesante accesorio pensado para evitar a acumulación de bacterias e o seu espallamento nas mans dos seus usuarios.

PUBLICIDADE