Teclado e rato feitos de bambú

luns, 20 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios que busquen un equipo informático que respecte o medio ambiente ou que teña unha aparencia natural, poden optar por adquirir por uns 25,45 euros un kit que inclúe un teclado e un rato con acabados feitos en madeira de bambú, o que os converte nuns produtos únicos.
Aparte da estética e o respecto do medio ambiente, o teclado de bambú pode absorber a suor das mans (creando unha sensación de limpeza e comodidade) e tamén conta con teclas de atallo para acceder á Internet, ao correo electrónico, á calculadora ou para silenciar o equipo.
Tanto o teclado coma o rato conéctanse ao PC por USB e non precisa de controladores específicos para o seu funcionamento.

PUBLICIDADE