Teclado con touchpad sen fíos de tamaño compacto

mércores, 25 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Dende USB Geek están a vender por 62 dólares (41,26 euros) un curioso touchpad con teclado USB sen fíos que permite manexar o noso equipo informático a distancia, o que poder resultar moi práctico para equipos empregados coma reprodutores multimedia de salón.
O dispositivo conta cun teclado retroilumidado QWERTY de 48 teclas doado de utilizar cos polgares, un touchpad de 2,8 polgadas, receptor USB de radiofrecuencia (na banda dos 2,4 GHz) que funciona a unha distancia de 10 metros, batería integrada (recargable por USB), unhas dimensións de 126 x 83 x 9 milímetros e un peso de 66 gramos.


Demostración do funcionamento do orixinal trebello

PUBLICIDADE