Tarxeta PCMCIA para engadir dous portos USB 2.0

venres, 23 de maio do 2008 Marcus Fernández

A tarxeta PCMCIA non sobresae do equipo

Cada día é máis normal conectar numerosos dispositivos aos ordenadores portátiles por USB, polo que o número de portos incluídos no equipo tenden a quedar curtos, de aí que Area Powers lance unha atractiva tarxeta PCMCIA que permite agregar dous portos USB 2.0, aínda que só 1 poderá alimentar a un dispositivo externo (agás que se tome corrente extra outro porto USB mediante un cable suplementario) xa que os portos PCMCIA non poden achegar corrente suficiente para, por exemplo, facer funcionar a 2 discos duros externos.
A principal vantaxe desta tarxeta é que non sobresae do portátil, de xeito que a podemos ter inserida constantemente, e evita así a molestia de empregar un concentrador USB para conectar máis dispositivos ao noso equipo.
Este novo accesorio para ampliar os portos USB do portátil xa se vende no Xapón por 2.000 iens (12,27 euros).

PUBLICIDADE