Tales of Zestiria chegará a Europa en outubro
xoves, 2 de xullo do 2015
Bandai Namco realizou hoxe un importante anuncio para os seareiros
europeos da franquÃa de xogos de rol xaponés Tales Of, confirmando que o
16 de outubro porán á venda para PS3 e PS4 o xogo Tales of Zestiria, que o 20 de outubro tamén chegará ao PC a través de
Steam (onde xa pode reservarse). Amais, para conmemorar o 20º aniversario
da serie de xogos tamén publicarán en Steam unha versión en alta definición do
tÃtulo máis querido da saga, Tales of Symphonia
(xogo que recibirán de balde os que reserven Tales of Zestiria en Steam, aÃnda que o seu lanzamento non está
previsto até o ano que vén), que estarÃa baseada na versión para PlayStation 3
comercializada o ano pasado.
Amais, no marco da Japan Expo, tamén confirman
a existencia edición para coleccionistas de Tales
of Zestiria, que produciranse en unidades moi limitadas incluÃndo 4
figuras chibi, un libro de
ilustracións, unha tea cunha ilustración do santuario da Dama do Lago, unha
pelÃcula de animación de media hora en DVD, a banda sonora do xogo, o xogo en
caixa metálica e unha caixa especial da edición de coleccionista con forma de
libro para gardar todos os elementos.
- A edición para coleccionistas do xogo incluirá moitos contidos adicionais (a imaxe non corresponde aÃnda co deseño final)
Trailer de Tales of Zestiria