TRON RUN/r estrea versión para Xbox One

venres, 8 de abril do 2016 Marcus Fernández

En febreiro chegou a Steam e á PlayStation Store o xogo TRON RUN/r, e hoxe finalmente chega a súa versión para Xbox One a un prezo de 19,99 euros, polo que podemos dar xa por completado desta lanzamento baseado no mundo do filme TRON, no que se desenvolve un xogo de carreiras de acción e aventuras á velocidade da luz no que hai que voar a través de circuítos facendo fronte a violentos adversarios e retando a outros competidores.
O xogo permite elixir entre ducias de combinacións de motos, traxes e potenciadores, permite perfeccionar as nosas habilidades en DISCO e MOTO cos 32 niveis incluídos e retar aos amigos ao durísimo programa TRANSMISIÓNk (que bombardeará aos xogadores con infinitas combinacións de modos e niveis até o seu fracaso).
TRON RUN/r inclúe compras dentro da aplicación, e no caso da versión para Xbox One no momento da compra do xogo recibirase un premio de 5.000 unidades de moeda do xogo.

O xogo tamén permite competir contra outros xogadores

Tráiler de lanzamento de TRON RUN/r

PUBLICIDADE