TP-Link presenta unha nova solución mesh tribanda con Wi-Fi 6E
venres, 22 de xullo do 2022
TP-Link presenta os seus novos
routers tipo mesh da familia Deco que destacan por integrar a última
xeración da tecnoloxÃa Wi-Fi, co que garanten a máxima cobertura e seguridade
no fogar.
O TP-Link
Deco XE75 é unha boa solución para fogares con problemas de cobertura cun
router Wi-Fi tradicional, que experimentan cortes ou que teñen moitos
dispositivos conectados (até 200), que co seu lote de 2 unidades pode cubrir
até 510 metros cadrados, mentres que para espazos de até 668 metros cadrados
recoméndase a solución con 3 unidades.
O Deco XE75 opera en 3 bandas (6 GHz, 5 GHz e 2,4 GHz) sumando un total de
5.400 Mbps, sendo unha solución moi versátil, xa que reserva o espectro de 2,4
GHz e 5 GHz para os dispositivos que non soporten Wi-Fi 6E. O fabricante
asegura que non importa a cantidade de pantallas ou dispositivos estean
acendidos á vez, se se comparte contido multimedia en streaming en 8K ou 4K ou
se se descarga ou suben arquivos moi pesados, xa que o Deco XE75 consegue
aproveitar ao máximo o sinal Wi-Fi sen conxestión nin interrupcións.
O router tamén conta con funcións de seguridade (HomeShield) para protexer a
rede e os datos en tempo real, para establecer limitacións de acceso non
autorizado de nenos e convidados e para asegurar a privacidade de cada un dos
dispositivos conectados ante ciberameazas.
O Deco XE75 sae á venda a un prezo que parte de 499,99 euros nun lote de 2
unidades.
- A incorporación de Wi-Fi 6E abre novas posibilidades aos routers Deco de TP-Link