TMNT: Shredder’s Revenge vendeu 1 millón de copias na súa primeira semana

xoves, 14 de xullo do 2022 Marcus Fernández

O novo xogo das Tartarugas Mutantes, TMNT Shredder’s Revenge (A Vinganza do Desfibrador) conseguiu grande atención por ser unha secuela espiritual das máquinas recreativas baseadas na serie de animación de 1987 das tartarugas creadas por Kevin Eastman e Peter Laird, e o resultado do traballo de Tribute Grames parece estar á altura do que o público buscaba, conseguindo vender 1 millón de copias na súa primeira semana, o que é un libro impresionante para un título relativamente modesto. De feito, este éxito pode incluso ser maior se temos en conta que moitos usuarios de Xbox non adquirirán este xogo por estar incluído na súa subscrición de Game Pass.
Dado que Tribute e a editora DotEmu aseguraron que o xogo tería contidos adicionais se conseguía boas vendas, podemos dar por feito que contará con algún tipo de expansión no futuro, e incluso podería impulsar o desenvolvemento de máis xogos na mesma liña, nos que os aires retro combinados con mecánicas de xogo coidadas e un traballo no que se mimen os detalles sexan chave para que os usuarios aposten por estes traballos case sen pensalo.

PUBLICIDADE