TEKKEN Hybrid será exclusivo de PS3
martes, 26 de xullo do 2011
- O produto central de TEKKEN Hybrid é a pelÃcula de animación 3D TEKKEN: Blood Vengeance
Ross Alexander, product manager europeo da división de
videoxogos de Sony, confirmou que TEKKEN
Hybrid será un produto exclusivo para
PlayStation 3, que chegará ás tendas no Nadal e que incluirá nun
único disco Blu-ray a agardada pelÃcula TEKKEN:
Blood Vengeance (pelÃcula de animación por ordenador que narra unha
aventura situada cronoloxicamente tras os acontecementos de TEKKEN 5, e que mesmo poderá verse
nalgunhas salas de cine 3D) e o remake
en alta definición do xogo de PlayStation 2 TEKKEN
Tag Tournament, que marcara época, e que agora gozará de gráficos
mellorados e trofeos de PlayStation Network.
Pero resulta que non van deixar a cousa aÃ, e tamén incluirá no mesmo disco o
prólogo de TEKKEN Tag Tournament 2,
xogo que chegará á PlayStation 3 en 2012, e que será compatible co formato 3D,
contando neste adianto con 4 personaxes que saen na pelÃcula TEKKEN: Blood Vengeance.
Lembremos que este produto funcionará como unha pelÃcula ordinaria cando
introducimos o disco nun reprodutor de Blu-ray, mentres que de facer o propio
nunha consola PS3 termos a opción de xogar ou gozar dos seus contidos
audiovisuais. Unha interesante proposta que recibirán de moi bo grado os
seareiros da saga, que quedarán algo decepcionados no caso de non contar coa
consola doméstica de Sony, pois neste caso non estamos ante un produto
multi-plataforma (coma foi o xogo TEKKEN
6).
Trailer do TEKKEN Hybrid
- TEKKEN Tag Tournament</Em> actualiza os seus gráficos á alta definición dentro de TEKKEN Hybrid
- TEKKEN Hybrid incluirá un adianto de TEKKEN Tag Tournament 2