TCL comercializa unha webcam para televisores con Google TV

mércores, 18 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Nos últimos meses temos comentado como o Fire TV Cube permite unirse a xuntanza de Zoom dende o televisor valéndose dunha webcam compatible, ao igual que tamén permite o Portal TV de Facebook, e precisamente o feito de que Google TV (ou Android TV) se abrise ao uso de webcams levou a que o fabricante TCL decidise comercializar a súa propia webcam USB, que nos EE.UU. venden a un prezo de 79,99 dólares, pensando na súa instalación en televisores da marca co sistema operativo de Google, que deste xeito poden aproveitarse para realizar videoconferencias a través de aplicacións como Google Duo.
Esta webcam ten resolución Full HD cun ángulo de visión de 70 graos, integra varios micrófonos con redución de ruído, o seu formato facilita a súa instalación en televisores de practicamente calquera tamaño e, para evitar suspicacias, incluso ten unha cuberta para tapala cando non estea en uso.

O uso da webcam de TCL facilita a realización de videoconferencias con Google Duo dende o televisor

PUBLICIDADE