Swatch presenta un reloxo para monitorizar a práctica do voleibol de praia
venres, 27 de febreiro do 2015
Nos últimos meses non paran de chegar ao mercado distintos
tipos de smartwatch e smartband, tentando cada accesorio
conquistar a un tipo de usuario, e dende Swatch sorprenden fiando tan fino que presentan un
reloxo con monitorización de actividade dirixido especificamente á práctica do
voleibol de praia.
O Swatch Touch Zero One toma como base o reloxo Swatch Touch e engádelle
funcionalidades atractivas para os xogadores de volei, de xeito que a parte da
súa pantalla táctil curva e retroiluminada que pode controlarse mediante toques
e xestos co dedo para acceder a distintas funcións. Tamén conta con contador de
pasos, de aplausos e de impactos (distinguindo os ofensivos dos defensivos, asÃ
como a súa intensidade), calcula a distancia percorrida e as calorÃas
queimadas, e comunÃcase con smartphones con iOS ou Android que conten coa
aplicación oficial de balde de Touch Zero One.
Entre as grandes vantaxes do novo reloxo deportivo de Swatch está a súa
autonomÃa, que en vez de ser de un ou dous dÃas como algúns smartwatches serÃa de varios meses
(emprega unha baterÃa estándar de Swatch). Ao estarmos ante un accesorio para a
práctica deportiva na praia, loxicamente é resistente á auga.
- O principal uso do novo Swatch Touch Zero One serÃa a cuantificación da práctica do volei praia
VÃdeo promocional do Swatch Touch Zero One