Swatch incorporará pantalla táctil nos seus novos reloxos

venres, 30 de setembro do 2011 Marcus Fernández

A marca suíza de reloxos de pulso Swatch vai comezar a comercializar en outubro os seus primeiros reloxos con pantalla táctil, os Swatch Touch, que funcionarían cunha pantalla táctil LCD de grande tamaño dende a que poder controlar as súas funcións, como para alternar entre 2 zonas horarias, usar o cronómetro e a alarma e moverse polos seus menús.
Agárdase que os Swatch Touch cheguen ao mercado o 1 de outubro en 6 cores (camuflaxe, rosa, púrpura, negro, branco e turquesa) por 100 libras esterlinas no Reino Unido, segundo informa a revista T3, polo que non sorprendería que en poucas semanas chegasen a España pensando nos usuarios que gustan de ter reloxos diferentes e innovadores, como os populares de Tokyoflash.

Os Swatch Touch estarán dispoñibles en 6 cores

PUBLICIDADE