Super Talent achega memorias USB 3.0 a un prezo asumible

mércores, 23 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Nos últimos meses a meirande parte de fabricantes de dispositivos externos de almacenamento presentaron unidades compatibles coa emerxente tecnoloxía USB 3.0, o que supón un incremento de prezo considerable en moitos casos, como nas memorias flash, o que parecen estar a arranxar dende Super Talent, que vén de comercializar unidade de memoria USB 3.0 a un prezo semellante ao das USB 2.0, polo que, a xuízo do xefe de operacións da compañía «deixa de haber unha razón para mercar unha unidade de memoria USB 2.0», pois as súas novas unidades USB 3.0 Express DUO 2-CH teñen prezos de 19, 30 e 70 dólares en capacidades de 8, 16 e 32 Gb respectivamente.
As memorias Super Talent Express DUO 2-CH son compatibles tanto con conexións USB 2.0 como USB 3.0 (acadando un rendemento magnífico en ambos casos), non precisan de alimentación externa adicional e miden 80,82, x 20,62 x 12,1 milímetros e incorporan o programa Security Essentials de Microsoft, o que contribúe a manter a salvo o noso equipo de certas ameazas informáticas.

PUBLICIDADE