Super Obama World, o Mario estadounidense
xoves, 6 de novembro do 2008
Aproveitando o efecto das
eleccións norteamericanas prepararon un videoxogo en Flash inspirado no clásico
Super Mario World no que manexaremos
a Barack H. Obama no seu camiño á presidencia, recollendo bandeiras americanas
e evitando a distintos inimigos caracterizados como unha sátira que entenderán
os estadounidenses que estiveron atentos á pasada campaña electoral. Inicialmente
o xogo inclúe tres fases (con nomes que fan referencia aos opoñentes políticos
de Obama) e en
breve se ampliará para incluír Arizona, Illinois e Washington D.C.
O manexo de Super Obama World se limita a
desprazarse cos cursores do teclado e a saltar premendo a barra espaciadora,
polo que calquera pode pasar un tempo divertido con este título tan de
actualidade.