Super Monkey Ball adáptase á táboa de equilibrio da Wii

mércores, 22 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Nos últimos días unha páxina web de SEGA amosaba unha conta atrás que daba a entender que estaban a preparar un grande lanzamento, e finalmente sabemos de qué se trata: Super Monkey Ball Step & Roll para Wii. Este novo xogo permitirá levar ao popular Super Monkey Ball que nacera na GameCube á moderna consola doméstica de Nintendo coa peculiaridade de facer uso da súa táboa de equilibrio para controlar ao protagonista do xogo.
A saga de Super Monkey Ball xa saltou no pasado da GameCube a outras consolas como a PS2, a Xbox, a Nintendo DS e a PSP e a plataformas móbiles como a Nokia N-Gage e máis recentemente o iPhone de Apple (que é a versión do xogo que será máis semellante á que chegue a Wii, por basearse tamén na inclinación física, aínda que co iPhone móvese o terminal e coa táboa de equilibrio da Wii será o usuario o que teña que balancear o seu corpo para dirixir ao macaco máis coñecido de SEGA).


Trailer do Super Monkey Ball Step & Roll

PUBLICIDADE