Super Meat Boy terá versión para PS4 e PS Vita
luns, 8 de xuño do 2015
Un dos grandes xogos de plataformas independentes, que tanto
éxito tivo en Xbox e PC, por fin chegará a plataformas PlayStation. Trátase do
célebre Super
Meat Boy, que desta volta quere compensar a súa ausencia no catálogo de
PS3 e confirman que terá
versión para PlayStation 4 e PlayStation Vita este mesmo ano e que estas
mesmas estarán incluÃdas dentro de PlayStation Plus, de xeito que os
subscritores do servizo poderán facerse con todo un clásico moderno sen custo
adicional.
Super Meat Boy é un xogo de
plataforma no que controlas a un pequeno anaco de carne que intenta salvar á
súa moza, para o que ten que superar infinidade de niveis desafiantes evitando
numerosas trampas portais e, de feito, este tÃtulo consiste en repetir cada dun
dos seus máis de 300 niveis repartidos en 5 capÃtulos (morrendo constantemente)
até adquirir a habilidade suficiente como para completalos para pasar ao
seguinte desafÃo. Un xogo cuns gráficos moi básicos, pero unha xogabilidade
pura que o converte en todo un imprescindible.
- Os niveis de Super Meat Boy inclúen numerosas trampas que haberá que evitar con grande habilidade
VÃdeo de presentación da versión de Super Meat Boy para consolas de Sony