Super Mario Run supera os 40 millóns de descargas en 4 dÃas
mércores, 21 de decembro do 2016
A estrea de Nintendo no
competido mercado dos xogos para dispositivos móbiles con Super Mario Run
está a mirarse con atención, polo impacto que pode ter tanto no sector como na
propia Nintendo, e aÃnda que moitos usuarios non reaccionaron ben ao feito de
que esteamos ante un tÃtulo para o que hai que pagar 9,99 euros para
desbloquear todo o seu contido, Nintendo dá por fin datos oficiais, anunciando
que en
4 dÃas superaron os 40 millón de descargas, aÃnda que sen detallar os
ingresos que terÃa conseguido a aplicación.
Dende App Annie estiman que nos primeiros 3 dÃas o xogo terÃa xerado uns 14
millóns de dólares en ingresos, con usuarios de EE.UU. xerando o 55% das
compras, o que moitos consideran que é unha cantidade económica moi modesta
tendo en conta a enorme promoción que se fixo do xogo, aÃnda que cómpre
destacar que o seu elevado prezo é un atranco importante para a súa compra.
Haberá que agardar semanas para coñecer a resposta do público e sacar
conclusións das que de seguro que Nintendo tomará nota de cara ao futuro
lanzamento do xogo para Android.