Super Mario 3D Land faise real en Times Square

luns, 14 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Times Square celebrou o lanzamento do novo Super Mario 3D Land

Este venres chega ás tendas o occidentais o agardado xogo Super Mario 3D Land, e Nintendo decidiu celebralo dun xeito moi especial nos EE.UU. organizando un evento en Times Square (New York), onde fixeron unha impresionante montaxe na que recrearon un nivel a escala real dun escenario do xogo, xunto a unha consola Nintendo 3DS xigante, o que permitía unha recreación real do que achegará o xogo final, para diversión dos moitos cativos disfrazados de Mario que puideron saltar polas distintas plataformas que formaban este divertido nivel do xogo levado ao mundo real.
Esta actividade permitiu que moitos seareiros dos xogos de Super Mario puidesen meterse dentro deles, saltando grazas a trampolíns, deslizándose por tubaxes... ata chegar á bandeira final. Unha experiencia dificilmente repetible que podemos ver no seguinte vídeo (que remata cun time-lapse coa montaxe do escenario):

Os cativos puideron xogar a ser Mario nun escenario a tamaño real

A iniciativa de Nintendo en Times Square foi todo un éxito de público

PUBLICIDADE