Super Mario 3D Land dispara as vendas da Nintendo 3DS no Xapón

xoves, 10 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Pese aos agoiros que daban por morta á Nintendo 3DS, a nova consola portátil da compañía nipona está a mellorar considerablemente a súa saúde grazas á súa baixada de prezo e aos xogos que van reforzando o seu catálogo, e para demostralo temos que esta semana no Xapón lidera as vendas tanto de xogos coma de consolas grazas ao lanzamento nipón do agardado Super Mario 3D Land, título que está a ter unha boa acollida tanto por parte da crítica coma do público.
O novo xogo de Mario para a Nintendo 3DS logrou vender nunha semana 343.492 copias, dobrando as vendas de grandes títulos como Uncharted 3 e Battlefield 3, e dando a entender que, xunto co lanzamento de Mario Kart 7 para 3DS en poucas semanas, a Nintendo 3DS vai arrasar este Nadal, colocando na última semana 145.271 unidades (mentres que a semana anterior só vendera 65.041 consolas), o que confirma que os xogos son os motores da venda de hardware.

Os xogos de Mario están a ser chave no éxito da Nintendo 3DS

PUBLICIDADE