Super Hydorah será o segundo xogo de Locomalito levado a Xbox One
venres, 24 de marzo do 2017
Nos últimos meses o desenvolvedor independente Juan Antonio
Becerra (Locomalito) conseguiu grande
relevancia xa que conseguiu que un dos seus xogos de balde publicado en 2012, Maldita Castilla, pasase a mans do
estudio Abylight para converterse nun tÃtulo comercial, Maldita Castilla EX, podéndose asà xogar en consolas de videoxogos
comerciais con contidos adicionais, e agora sorprenden anunciando que outro
xogo de Locomalito, o shoot’em up
titulado Hydorah, ultima o seu
desembarco en Xbox One como Super Hydorah.
O xogo orixinal, que
podemos descargar de balde para PC, era unha clara homenaxe a tÃtulos como Gradius, Darius e R-Type, con
influencias doutros clásicos, e dado que o seu xénero non é moi habitual
actualmente agradecerase a chegada de Super
Hydorah ás consolas de videoxogos modernas. A primeira plataforma na que
teremos o novo xogo de Abylight será Xbox One, e aÃnda que a data de lanzamento
exacta non se anunciou, será nesta mesma primavera, polo que quedan poucas
semanas para poder gozar en consola deste tÃtulo que permitiranos gozar de
frenéticas partidas para un ou dous xogadores en local.
En Super Hydorah o xogador ponse aos
mandos do caza Delta Lance para enfrontarse á ameaza dos Meroptians, unha raza
de seres biomecánicos que atacou a estrela Omnios e puxo en perigo o equilibrio
da galaxia. AÃnda que esteamos ante un tÃtulo de desprazamento horizontal, non
faltarán segredos e rutas alternativas neste desafiante xogo só apto para os
valentes afeitos aos elevados niveis de dificultade dos xogos dos salóns recreativos.