Super Hero Squad terá un segundo videoxogo

venres, 23 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A celebración da Comic-Con de San Diego está a situar na actualidade aos videoxogos baseados en superheroes, e moitos recibirán cos brazos abertos o novo título que THQ inspirado na serie de televisión Super Hero Squad, pois a finais de 2009 aparecera unha adaptación ao videoxogo desta versión infantilizada dos personaxes de Marvel, pero que quedara limitada a plataformas menores como a PlayStation 2, a Wii, a Nintendo DS e a PSP, mentres que a súa nova entrega, Marvel Super Hero Squad: The Infinity Gauntlet, chegará para PlayStation 3, Xbox 360, Wii e Nintendo DS.
Esta nova aventura xuntará a un grupo de superheroes moi coñecidos para solucionar puzzles e loitar contra a Lexión Letal do Dr. Doom (á vez que buscan as 6 Pedras Infinitas), para o que tamén poderá xogarse en modo cooperativo. O xogo terá outros 3 modos de xogo: historia, modo libre e modo desafío, nos que poderán seleccionarse a varios heroes da Marvel.
Polo momento o xogo non ten data de lanzamento fixada, pero é de agardar que chegue ás tendas ao longo de 2011.

PUBLICIDADE