Sunty presenta teléfonos con Windows 10 con formato de tableta

luns, 28 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Nos últimos meses puidemos ver como Windows 10 estreábase nun poucos smartphones, mentres que tamén conseguía colarse en numerosas tabletas que funcionan como ordenadores de escritorio, pero algúns fabricantes parecen querer quedar no camiño do medio, recuperando o espírito de Windows RT, de xeito que presentaron estes días no Xapón as novas tabletas Sunty Q72 e Sunty Q82, con pantallas de 7 e 8 polgadas respectivamente, que funcionan con procesadores Qualcomm Snapdragon 210, 1/2 GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD) e que funcionarían como teléfonos de grande tamaño, en vez de como tabletas de tamaño reducido (xa que funciona con procesadores ARM en vez de procesadores Intel), polo que non está moi claro cal sería o público interesado neste tipo de produto, que como elemento destacable tería o aceptar dúas tarxetas microSIM con LTE (ou sexa, que serían teléfonos grandes vendidos como tabletas).
A Sunty Q72 ten unha pantalla cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, cámaras de 2 e 0,3 Mpíxeles e batería de 2.700 mAh, mentres que no caso do Sunty Q82 as cámaras serían de 5 e 2 Mpíxeles e a batería de 4.000 mAh.

Vídeo no que podemos ver as novas tabletas de Sunty

PUBLICIDADE