Street Fighter x Tekken chegará ao iPhone no verán
xoves, 14 de xuño do 2012Adiantándose á versión para PS Vita que chegará a finais de
ano, Capcom
anuncia que o xogo Street Fighter x
Tekken Mobile chegará a iOS no verán, de xeito que os usuarios de
iPhone, iPod Touch e iPad poderán gozar dos combates de Ryu, Chun-Li, Nina e
Kazuya coa mesma acción que a versión de consola e cos controis táctiles que xa
vimos noutros xogos móbiles de loita como Street
Fighter IV.
Polo momento só está confirmada a presenza dos 4 loitadores mencionados no
xogo, e tamén é preciso destacar que para
gozar deste tÃtulo hai que ter, como mÃnimo, un iPhone 4, un iPad 2 ou un iPod
Touch de cuarta xeración.
- Loitadores de Street Fighter (Capcom) e Tekken (Namco) enfrontaranse neste novo xogo móbil