Strategic Printing lanza teclados e ratos estampados

mércores, 24 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Os afeccionados aos comics é á ciencia ficción que queiran trasladar os seus gustos ao escritorio informático de xeito extremo estarán contentos ao coñecer o lanzamento dunha serie de teclados e ratos estampados con imaxes da serie de televisión Star Trek (2 modelos de cada), de personaxes da Marvel coma Spider-Man, Iron Man, Thor, o Capitán América e Lobezno e incluso do carismático gato Garfield.
Os teclados Keyscaper 510 conéctanse ao PC por USB e custan 49,99 dólares (36,95 euros), mentres que os ratos Keyscaper 110 son sen fíos e véndense a 34,99 dólares (25,86 euros). Chegarán ao mercado o mes que vén, aínda que polo momento só poden encargarse a través da web.

PUBLICIDADE