Steam gardará na Rede as partidas e a configuración dos seus xogos

luns, 2 de xuño do 2008 Marcus Fernández

A plataforma de venda e descarga de videoxogos para PC Steam mellorou de xeito substancial ao incorporar a retención das partidas gravadas e dos ficheiros de configuración dos usuarios de xeito ilimitado, o que fai moi doado conservar os títulos adquiridos co paso do tempo aínda que cambiemos de ordenador. Agora cambiar de ordenador ou recuperar os xogos tras unha avaría do disco duro xa non será un pesadelo.
Toda esta información almacenada na rede de Steam sincronizaranse cando contemos con conexión á Rede, de xeito que os cambios que fagamos desconectados se actualizarán cando nos reconectemos á Internet.
Esta nova funcionalidade é coñecida coma SteamCloud e se irá incorporando paulatinamente aos distintos xogos de Steam.

PUBLICIDADE