Steam Link chega a iPhone, iPad e Apple TV

xoves, 16 de maio do 2019 Marcus Fernández

Dende o ano pasado Valve traballa en levar a tecnoloxía Steam Link, nacida como un dispositivo que facilitaba o xogo remoto para PC, a distintos dispositivos conectados, de xeito que creou unha aplicación para Android, outra para Rapsberry Pi e outra para os Smart TV de Samsung, para despois levar o servizo un paso máis aló con Steam Link Anywhere (que facilitaba que o xogo remoto non teña que realizarse na mesma rede local, senón que operase incluso dende outro domicilio de contarmos cunha boa conexión á Rede).
Pero pese a todos estes avances o servizo estaba coxo, xa que carecía de aplicacións para iOS dada a negativa de Apple a aceptala na App Store, pero semella que agora que o Tribunal Supremo dos EE.UU. comeza a tomar en serio as acusacións de monopolio nas aplicacións para iPhone dende Apple flexibilizaron os seus criterios e por fin estréase a aplicación de Steam Link para dispositivos de Apple, compatible non só con iPhone e iPad, senón tamén con Apple TV, o que fai doado xogar remotamente aos títulos de Steam que teñamos no PC empregando un mando de xogo emparellado ao dispositivo con iOS ou tvOS.

PUBLICIDADE