Stardew Valley chegará en breve a Android
luns, 18 de febreiro do 2019
O xogo independente Stardew Valley leva
colleitando éxitos dende o seu lanzamento para PC hai un par de anos, e tras
adaptarse tamén a consolas de videoxogos, chegou a iOS o pasado
mes de outubro a un prezo de 8,99 euros, de xeito que os usuarios de iPhone
e iPad poden gozar deste curioso xogo de rol de agricultura que aseguraban que
chegarÃa en breve a Android, lanzamento que semella inminente, xa que na tenda
de aplicacións de Google Play xa podemos inscribirnos
para recibir unha notificación cando chegue oficialmente o xogo.
Este tÃtulo convÃdanos a mudarnos ao campo, converter os campos desleixados
nunha granxa alegre e abundante, criar animais, personalizar ao granxeiro e a
súa casa, contraer matrimonio para formar unha familia, participar en festivas
de tempada, explorar covas, buscar cultivos ou incluso pasar unha tarde de
pesca; ou sexa, que temos un xogo cunha cantidade inmensa de contidos que
dificilmente aburrirá aos amantes deste xénero, e que chega con textos
localizados completamente ao español (e ao portugués).
VÃdeo promocional da versión móbil de Stardew Valley