Star Wars Jedi: Fallen Order estrea tráiler
luns, 15 de abril do 2019
Na última presentación de resultados financeiros de
Electronic Arts avanzouse
que no outono terÃamos o lanzamento do xogo Star
Wars Jedi: Fallen Order, e por fin dan máis detalles sobre este xogo
que parece querer redimir comportamentos pasados da súa editora, xa que
anuncian que carecerá
de microtransaccións e caixas de botÃn.
Star Wars Jedi:
Fallen Order será unha historia para un xogador na que o protagonista
está listo para converterse nun cabaleiro Jedi, e que está a desenvolver
Respawn Entertainment co obxectivo de que vexa a luz en
Xbox One, PlayStation 4 e PC o vindeiro 15 de novembro, ou sexa, a tempo
para non perder a campaña de Nadal.
Este tÃtulo de acción en terceira persoa permitiranos sentir a Forza, de xeito
que teremos que adestrar coa espada de luz e o uso da Forza para superar
calquera obstáculo, completar o adestramentos antes de que os inquisidores
descubran o plan do protagonista (un padawan
que fuxiu durante a purga da Orde 66 do Episodio
III) de reconstruÃr a Orde Jedi e explorar a basta galaxia visitando unha
grande diversidade de contornos (bosques ancestrais, desfiladeiros ventosos, xunglas
encantadas...).
Nesta aventura acompañarán ao protagonista, Cal Kestin, unha antiga membro da
Orde Jedi, un piloto rosmón e un intrépido droide (BD-1), mentres fuxe dos
plans do Imperio nunha aventura centrada na historia, na que non faltarán
desafÃos de combate, investigación e resolución de quebracabezas.
AÃnda que para facerse unha idea do que será este xogo, nada mellor que o seu
agardado tráiler: