Star Wars Battlefront amosa os seus combates aéreos

mércores, 5 de agosto do 2015 Marcus Fernández

Electronic Arts quixo deixar unha boa pegada na Gamescom, polo que acudiu á feira de Colonia cun vídeo que conseguiu captar poderosamente a atención do público: un novo tráiler de Star Wars Battlefront no que podemos ver a escuadróns de cazas combatendo no aire, pero non só poderemos ver como se enfrontan X-Wings e A-Wings rebeldes con TIE Fighters e TIE Interceptors imperiais en batallas aéreas de até 20 xogadores, senón que tamén fai acto de presenza unha aeronave tan icónica como é o Falcón Milenario.
Este modo de xogo permitirá vivir intensas batallas aéreas, con até 20 xogadores aos que uniranse intelixencias artificiais, gañando o equipo que destrúa máis cazas do equipo contrario, completándose a partida ao superar as 200 baixas ou a rematar o tempo máximo fixado.
As naves poderán facer uso o impulso de velocidade ou dos escudos, realizar manobras evasivas, empregar potenciadores que atoparán no mapa, utilizar bonificacións (para reparar a nave ou reducir o tempo de carga dos mísiles) e incluso está o potenciador especial que permite pilotar por uns minutos os cazas estelares máis cobizados da galaxia, que no caso dos rebeldes sería o Falcón Milenario, mentres que os imperiais poderá pilotar o Escravo I de Jango e Boba Fett.
Haberá que agardar ao 17 de novembro para poder gozar dos escuadróns de cazas incluídos en Star Wars Battlefront, xogo que tamén incluirá outros modos multi-xogador destacables como o asalto dos camiñantes (no até 40 xogadores rebeldes deberán atacar cos AT-AT imperiais) ou un modo de xogo clásico de duelo no que terán que enfrontarse 10 rebeldes contra 10 soldados imperiais.


Novo tráiler de Star Wars Battlefront

PUBLICIDADE