Star Wars 1313 terá uns efectos especiais de cine

mércores, 6 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Parece que os videoxogos baseados no universo de Star Wars van recuperar parte da gloria perdida, de xeito que xa non se limitarán a adaptar películas e series de televisión con pouca fortuna, senón que van buscar o seu propio camiño, ou iso parece que é o que van facer en Star Wars 1313, xogo no que traballarán man a man LucasArts e Lucas Film, Industrial Light and Magic e Skywalker Sound, compañías moi relacionadas coas tecnoloxías ao redor desta franquía cinematográfica que levarán á consola uns efectos especiais máis propios do cine.
En Star Wars 1313 tomaremos o papel dun cazador de recompensas que se desenvolve polos baixos fondos (concretamente polo nivel 1313 do planeta Coruscant) e do que polo momento coñécense poucos detalles, pois durante o E3 amosáronse imaxes e vídeos do que achegará este título, pero non teñen por qué corresponderse con escenas do xogo final, pois aínda falta moito para o seu lanzamento, estando simplemente ante un cebo para ir preparando o terreo para un xogo que promete ser moi espectacular graficamente e que demostrará que é posible explotar estra franquía sen recorrer aos tópicos cabaleiros Jedi como protagonistas.


Impresionante trailer de Star Wars 1313

PUBLICIDADE