Star Trek Online estrea modalidade de xogo de balde

martes, 17 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

En Star Trek Online podemos ver a multitude de especies da franquía creada por Gene Roddenberry

No pasado outono, tras a adquicisión de Crystic Studios por parte de Perfect World, anunciouse que o xogo masivo multiusuario Star Trek Online mudaría o seu negocio para converterse en free-to-play, ou sexa, que calquera poderá descargar de balde o título, coa posibilidade de empregar cartos de verdade para a adquisición de bens ou desbloquear certos contidos. Finalmente hoxe é o día deste cambio de rumbo, de xeito que o xogo que leva preto de 2 anos funcionando sen chegar a unha masa crítica que permita a súa viabilidade a longo prazo.
Agora xa podemos descargar de balde Star Trek Online e rexistrarnos no xogo para poder gozar do mesmo sen pasar por caixa, para participar no vasto universo que naceu da imaxinación de Gene Roddenberry, no que multitude de especies con forma humana están espalladas en numerosas naves espaciais e planetas.

Os inimigos da Federación tamén ameazarán a nosa supervivencia en Star Trek Online

Podemos encarnar dende a un capitán dunha nave da Federación de Planetas Unidos (que visitará moitas localizacións que resultarán familiares para os seareiros das distintas series de televisión da franquía) ata un señor da guerra Klingon (que buscará a ampliación do Imperio pola galaxia), sendo totalmente personalizables estes personaxes, para reflectir o estilo de cada xogador (permitindo incluso crear novas especies para poder vivir a nosa propia historia).
Star Trek Online pode xogarse de balde ou pagando 14,99 dólares/mes, existindo limitacións para os primeiros, que aparecen detalladas nunha táboa que figura na súa páxina web.
O xogo precisa para funcionar un equipo con sistema operativo a partir de Windows XP SP2, procesador a partir dun Intel de dobre núcleo a 1,8 GHz ou dun AMD Athlon X2 + 3800, gráfica igual ou superior a unha ATI Radeon X1800 ou unha nVIDIA GeForce 79500, DirectX 9.0c ou superior, 10 Gb de disco duro libre e conexión á Rede.


Novo vídeo de introdución de Star Trek Online

Os enfrontamentos non terán lugar só no espazo, senón tamén nos planetas que visitemos
No xogo podemos rememorar as viaxes da nave estelar USS Enterprise

PUBLICIDADE