Sphero estrea un xoguete interactivo baseado en Spider-Man

xoves, 15 de xuño do 2017 Marcus Fernández

O fabricante Sphero, popular pola comercialización dun xoguete con forma de esfera que pode controlarse a distancia e que inspirou ao droide BB-8 de El Despertar de la Fuerza, parece ter atopado un bo nicho de mercado cos xoguetes premium inspirados en populares franquías, e hoxe sorprende ao mundo anunciando o seu novo produto: unha figura de Spider-Man con ollos animados e voz, que interactúa co usuario a través dunha aplicación móbil dispoñible para iOS e Android.
Este orixinal produto conéctase por Wi-Fi para recibir actualizacións, integra horas de xogos, chistes historias e misións... ten unha impresionante expresividade grazas aos seus ollos formados por pantallas LCD e, ao contar cunha aplicación móbil, consegue un nivel de interacción moi elevado que agradecerán os cativos que sexan seareiros das aventuras do trepamuros. Aínda que o seu deseño parece orientado ao seu uso sobre a mesa (de feito conta con función de reloxo con alarma), senón que tamén conta cunha autonomía de até 2 horas, polo que pode usarse por distintas instancias do fogar. Mide 14,5 x 21,5 centímetros e pesa 680 gramos.
Este xoguete está dirixido a cativos de a partires e 8 anos, aínda que polo momento só está dispoñible en inglés, sendo o seu prezo de 149,99 dólares (165,67 euros con portes incluídos).

Vídeo promocional do novo xoguete de Sphero

PUBLICIDADE