Spec Ops: The Line</Em> estrea trailer en español
luns, 16 de abril do 2012
- O xogo desenvolverase nunha hipotética Dubai devastada por unha tormenta de area
O vindeiro 29 de xuño chegará ás tendas o xogo para Xbox
360, PlayStation 3 e PC Spec Ops: The Line, creado por
YAGER para 2K Games, e que toma como escenario de guerra á cidade de Dubai tras
unha tormenta de area que a devastou e na que un pelotón de recoñecemento de
Delta Force deberá infiltrarse para atopar superviventes e solicitar evacuación
por radio, aÃnda que atopan un escenario moito máis violento do agardado. O
equipo comandado polo capitán Martin Walker deberá atopar ao desaparecido
coronel John Konrad neste escenario bélico no que ten lugar este shooter en terceira persoa tinguido con
compoñentes tácticos. O terreo tamén xogará un papel importante nesta aventura,
posto que as tormentas de area o modificarán de xeito dinámico.
Para coñecer con máis profundidade o que ofrecerá este tÃtulo temos un novo
trailer en español do mesmo, que promete acción e espectacularidade a partes
iguais:
- O que parecÃa unha simple misión de rescate convértese nun auténtico escenario de guerra