Space Channel 5 Part 2 e SEGA Bass Fishing adáptanse á alta definición
xoves, 21 de outubro do 2010
A resurrección
dos vellos xogos de Dreamcast nas consolas de alta definición parece non querer
cesar, e tras a chegada de Sonic
Adventure e o anuncio de Crazy Taxi para o mes que vén chega
agora o anuncio de 2 tÃtulos moi lembrados polo público coma o
xogo de baile Space Channel 5 Part 2
e o xogo de pesca SEGA Bass Fishing,
destacando este último por comercializarse cun periférico con forma de cana de
pescar, que no seu tempo parecÃa algo ridÃculo, pero que agora está considerado
por moitos coma o precursor do mando da Wii. Ambos xogos chegarÃan
á PlayStation Network e ao Bazar de Xbox LIVE Arcade durante 2011 en
versións presumiblemente adaptadas a unha resolución de pantalla de 720p, e de
ser ben recibidos parece garantido que teremos moitos outros remakes de éxitos de Dreamcast de SEGA
na última consola doméstica de Nintendo.
- En Space Channel 5 part 2 non só sae a carismática Ulala, senón que tamén fai un cameo Michael Jackson
- Bass Fishing foi o histórico xogo de pesca de SEGA para a Dreamcast