Soul Calibur chegará a iOS esta semana

luns, 16 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Namco Bandai anunciou a pasada fin de semana que o clásico xogo de recreativas e consolas Dreamcast, Soul Calibur, vai estrear versión para iOS o vindeiro 19 de xaneiro, de xeito que os usuarios de iPhone 4/4S, iPod Touch de 4ª xeración e iPad 2 poderán gozar deste xogo de loita cos seus 19 personaxes, incluíndo tamén todos os seus modos de xogo (combates arcade, contrarreloxo, supervivencia, supervivencia extra, práctica e os modos museo).
Parece que o xogo non vai funcionar en terminais de Apple que teñan certo tempo, o que resulta un tanto sorprendente (xa que as compañías tenden a dirixir os seus títulos a un público o máis amplo posible), pero que serviría para que esta versión de Soul Calibur teña una gráficos moi detallados, e cunha resolución moi superior á que tiña a súa versión para Dreamcast.
Podemos ver un avance do xogo no vindeiro vídeo:

O xogo adaptou o seu control para a pantalla táctil dos trebellos móbiles de Apple

PUBLICIDADE