Soporte para facilitar o uso do MacBook Air coma equipo de sobremesa

venres, 28 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

É innegable que o MacBook Air é un equipo informático de alta portabilidade, polo seu deseño compacto, o seu lixeiro peso e a súa equilibrada autonomía, pero moitos usuarios, cando están no fogar ou na oficina, prefiren utilizalos dun xeito máis cómodo e produtivo conectándoos a un monitor externo e a un rato e un teclado, de xeito que funcionarían igual que un equipo de sobremesa, aínda que ocupando bastante espazo no escritorio, o que pode remediarse grazas a o BookArc, un novo soporte de Twelve South que permite colocar os MacBook Air en vertical dun xeito cómodo e seguro.
Os novos BookArc chegarán ás tendas norteamericanas en febreiro a un prezo de 39,99 dólares (29,39 dólares), agardándose que cheguen tamén a Europa a través da propias plataformas de venda oficiais de Apple, onde actualmente está dispoñible un soporte semellante para os MacBook e MacBook Pro a un prezo de 49,95 euros.

O BookArc converte ao MacBook Air nun equipo de sobremesa

PUBLICIDADE