Sony renova os seus auriculares sen fíos con cancelación de ruído

martes, 8 de xuño do 2021 Marcus Fernández

Os auriculares sen fíos Sony WF-1000XM3 levan un par de anos sendo o principal referente como auriculares true wireless con cancelación de ruído, e para collerlles o relevo chegan os Sony WF-1000XM4, un novo modelo que consegue mellorar as súas prestacións á vez que reduce un seu tamaño, facendo que sexa difícil que haxa outros auriculares que lle fagan sombra, aínda que iso tamén se nota no seu prezo oficial: 280 euros.
Os WF-1000XM4 contan coa cancelación de ruído líder do mercado, mellorada coa procesador integrado V1, que aproveita o rendemento de cancelación de ruído do chip QN1e e a tecnoloxía Bluetooth integrada para conseguir a maior cancelación de ruído do sector á vez que reduce o consumo fronte ao modelo anterior.
Os auriculares teñen micrófonos duais de alta rendemento con sensor de ruído para conseguir unha magnífica cancelación de ruído. Ten 2 micrófonos con sensores de ruído en cada orella (un de alimentación anticipada e outro de retroalimentación), aínda que aos seus auriculares tamén xogan un rol importante, xa que conseguen un axuste estable e conseguen un grande illamento acústico.
De cara á calidade sonora, os WF-1000XM4 admiten audio de alta resolución a través do codec LDAC (cunha velocidade de transferencia máxima de 990 Kbps) que con DSEE Extreme consegue que os arquivos comprimidos de música recuperen en boa medida o seu rango de son, gañando en riqueza.
De cara ao seu uso, os WF-1000XM4 inclúe a función de Speak-to-Chat, para poder ter conversas breves sen quitar os auriculares (pausando a música e deixando entrar o son de ambiente cando falemos con alguén); conta con tecnoloxía de control de son adaptable a distintos ambientes (de xeito recoñecerá onde estamos para, por exemplo, deixar de entrar son de ambiente cando camiñamos pola rúa para poder facelo de xeito seguro).
Para mellorar o uso dos auriculares como mans libres inclúen a tecnoloxía Precise Voice Pickup, que recollen a voz cos micrófonos e cun sensor de condución ósea, conseguindo así discriminar o son exterior dos sons que saian da boca do usuario, facilitando así chamadas de voz máis nítidas incluso en ambientes ruidosos.
Os WF-1000XM4 teñen unha autonomía de até 8 horas que poden ampliarse 16 horas máis valéndose do estoxo de carga que pode cargarse mediante indución; contan con resistencia á auga IPX4 (polo que están protexidos de salpicaduras e da suor); poden configurarse para a utilización mediante voz do Asistente de Google ou de Alexa; e tamén inclúen tecnoloxías de emparellado rápido con móbiles con Android e incluso con Windows 10. Tamén é interesante advertir do feito de que contan coa tecnoloxía 360 Reality Audio para conseguir experiencias de audio inmersivas.

Vídeo promocional dos novos auriculares Sony WF-1000XM4