Sony presenta unha videocámara con obxectivos intercambiables
mércores, 14 de xullo do 2010
Hai un par de meses comentamos
que Sony
estaba a preparar videocámaras con obxectivos intercambiables, e finalmente
presentan o seu primeiro modelo oficial, a Sony NEX-VG10, que estará dispoñible
en setembro, aÃnda que dende hoxe xa pode
reservarse nos EE.UU. por un prezo de 1.999,99 dólares.
A cámara serÃa a primeira deste tipo en saÃr á venda para un público masivo,
asà como tamén estariamos ante a primeira
Handycam (marca que vén de cumprir 25 anos) en incorproar un sensor CMOS Exmor
APS HD, facilitando a videoafeccionados e fotógrafos a captura de vÃdeos en
alta definición con son estéreo dun xeito inédito ata o momento. A cámara tamén
toma instantáneas a 14,2 MpÃxeles.
Os obxectivos que emprega esta cámara serÃan os mesmos que os das cámaras NEX-5
e NEX-3, que forman parte dunha liña de cámaras compactas que queren imitar ás
réflex cos seus obxectivos, pero mantendo un tamaño moi reducido.
Os vÃdeos gravados pola Sony NEX-VG10 poden rexistrarse cunha definición de
1.920 x 1.080 pÃxeles a unha compresión de ata 24 Mbps, polo que acada unha
claridade e un detalle ideais para almacenar posteriormente en discos Blu-ray.
Para procesar estas gravacións a cámara inclúe un bono para descargar a
aplicación de edición de vÃdeo Sony Vegas Movie Studio HD Platinum 10 (valorada
en 99 dólares) que facilita a mestura dos vÃdeos e a produción dos mesmos para
a súa publicación na web ou en discos DVD ou Blu-ray.
- O reducido tamaño desta Handycam e as súas ópticas intercambiables dánlle moita versatilidade á Sony NEX-VG10