Sony presenta unha nova cámara para creadores de vÃdeo
venres, 14 de outubro do 2022
Sony
está a ter grande éxito coa súa gama de cámaras orientadas aos creadores de
vÃdeo, a serie ZV, que hai
un par de anos sorprendÃa coa Sony ZV-1, cámara compacta que recibe agora
unha revisión un tanto peculiar, xa que substitúe a súa focal variable entre 9,4
e 25,7 milÃmetros (o que equivale a un zoom óptico de 2,7x) por unha focal fixa
de 20 milÃmetros cunha apertura f/2.0, que consideran que é unha magnÃfica
opción para as gravacións tipo selfie.
A Sony
ZV-1F é unha cámara claramente deseñada cos creadores de vÃdeo para a
Internet en mente, para o que incluso simplificaron os procesos de gravación de
vÃdeo en vertical para axilizar a publicación dos vÃdeos e incluso resultar
atractiva para a gravación de vÃdeos para plataformas como TikTok.
A nova cámara de Sony consegue unha boa reprodución dos tons de pel atractiva,
recoñece caras e ollos humanos para facilitar un enfoque automático preciso,
permite activar ou desactivar o desenfoque de fondo con só premer un botón,
integra diferentes estilos creativos para que poidamos elixir entre diferentes
preaxustes de cor nas nosas gravacións, grava en cámara lenta e rápida dun
xeito doado, conta coa opción de estabilizar a captura de vÃdeo, está
optimizada para enfocar os produtos que coloquemos no centro da imaxe (axudando
asà a que poidamos gravar reseñas de produtos dun xeito automático), integra un
micrófono direccional de 3 cápsulas que recolle o son frontal con grande nitidez
incluso con vento (para o que inclúe un paraventos), pode conectarse sen fÃos
co móbil (tanto para transferir contidos como para converter o móbil nun mando
a distancia), pode usarse como cámara web con conectar a cámara a un ordenador
persoal e conta con accesorios como un mando de gravación e un pequeno
micrófono externo que permiten levar a gravación de vÃdeos un paso máis aló.
Ao estarmos ante unha versión con focal fixa, pasamos de ter que pagar 800
euros pola ZV-1 a que a Sony ZV-1F teña un prezo oficial de venda ao público de
650 euros, co que buscan abrirse a un público máis amplo. Para usuarios máis esixentes
segue a estar dispoñible a Sony ZV-E10, que destacarÃa por contar con
obxectivos intercambiables, cun prezo de 750 euros o corpo ou 850 euros cun
obxectivo de 16-50 milÃmetros, polo que serÃa unha solución máis completa (non só por permitir cambiar de obxectivo, senón porque tamén permite disparar fotografÃas en RAW), pero
que poderÃa afastarse do orzamento do tipo de creadores de contido aos que
apuntan esta serie de cámaras.
VÃdeo de presentación da cámara Sony ZV-1F