Sony presenta un televisor para o cuarto de baño

martes, 2 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O ultimo televisor Sony Bravia non está pensado para ocupar o centro do noso salón, senón que se trata dunha pequena pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 480 x 270 píxeles, sintonizador de radio FM/AM, 2 Gb de memoria interna (para gravar ata 10 hora de televisión) e unha batería que lle dá unha autonomía de ata 23 horas, destacando especialmente polo detalle de poder soportar ata 30 minutos somerxida a 1 metro de profundidade, polo que sería un dispositivo ideal para o seu uso en ambientes húmedos coma os cuartos de baño.
Este orixinal televisor, o Bravia XDV-W600, vai comezar a venderse o vindeiro 30 de outubro no Xapón por 39.800 iens (uns 250,74 euros) aínda que hai que destacar que non funciona co sinal televisivo normal, senón coa TDT móbil nipona, polo que non funcionaría en Europa, pero podería servir de inspiración para futuros dispositivos que fagan uso do estándar DVB-H.

PUBLICIDADE